Pobo iowa

Pobo iowa
Nube branca, xefe dos iowa, por George Catlin (1845), National Gallery of Art
Poboación
Poboación total:
2 567[1]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados UnidosKansas, Nebrasca e Oklahoma
Aspectos culturais
LinguaLingua chiwere e inglés
RelixiónCristianismo e igrexa nativo americana
Grupos
relacionados
Otoe, missouria, ponca e ho-chunk

Os iowa[2] ou ioway, coñecidos na súa propia lingua como báxoǰe, son pobo indíxena do grupo síux. Hoxe en día, están divididos en dúas tribos federalmente recoñecidas, a tribo iowa de Oklahoma e a tribo iowa de Kansas e Nebrasca.

Os iowa, missouria e otoe formaron parte do pobo ho-chunk. Todos son pobos que comparten a mesma lingua, a chiwere. Deixaron as súas terras ancestrais no sur de Wisconsin polo leste de Iowa, un estado que debe o seu nome ó pobo.

En 1837, os iowa foron deportados dende o estado de Iowa ás reservas do Condado de Brown, Kansas, e do Condado de Richardson, Nebrasca. Algúns iowa trasladáronse ó territorio indio a finais do século XIX e asentáronse no sur de Perkins, Oklahoma para converterse na tribo iowa de Oklahoma.

  1. "Ioway Tribe of Kansas and Nebraska." Ioway Cultural Institute. (consultado o 23 de setembro de 2010)
  2. Definición de iowa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Developed by StudentB